30/5/13

PEDRA ROSA DE ATIOS: A REVISTA DO CURSO 2012-2013

     Ola a todos e todas. Por aquí vos deixamos hoxe a REVISTA ESCOLAR do CEIP plurilingüe de Atios recén saída do forno.
   Este ano, por motivos de presuposto, non puidemos imprimila, por iso, ademais de poder vela aquí no noso blogue, debaixo apareceravos un enlace no que, ao abrilo, a revista convertirase en formato pdf que vos deixará imprimila a todo aquel que queira.
     Desexamos que vos guste e que a disfrutedes moito.
    Dende o EDLG só nos queda agradecer o traballo de todos os profes e alumnos/as do cole, xa que sin vós non sería posible a edición deste novo número.



4 comentarios:

  1. Menudo traballo!! Non hai dúbida das moitas horas de traballo que hai detrás dunha revista así: de nenos, de profes, de montaxe...
    Un bo traballo, e revista rematada antes de xuño, que no noso cole, un ano mais, non o conseguimos.

    ResponderEliminar
  2. Acaba de chegar a miña filla a casa e facendo os deberes entrégame a nota que acaba de enviarnos o EDLG. Felicidades por este gran traballo. Non deixedes de facer traballos así. Sabemos que hai moitos centros que deixaron de lado moitas actividades pero sabede que hai pais que seguimos valorando moito o que facedes polos nosos nenos en Atios.

    ResponderEliminar
  3. É impresionante o traballo que un ano máis ven realizando o claustro do CEIP de ATIOS e o equipo de normalización en particular.
    un traballo precioso e un merecido aplauso as persoas que colaboraron e fixeron esto posible.... por todas esas horas de traballo... que de seguro non foron poucas.
    enhorabuena. noraboa. congratulations!!!!!

    ResponderEliminar
  4. Grazas a todas e todos vós. Noraboa a todos os nenos e nenas de ATIOS. E por sempre e para sempre: Viva a profe Josefa!!!

    ResponderEliminar